A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse diante de Educación contra a aplicación da LOMCE e os recortes no ensino público


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) concentrouse este mércores 14 de setembro diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Anxo Louzao, en representación da Plataforma, dixo que se non retiran as reválidas a Plataforma fará un chamamento á insubmisión a estas probas que foron rexeitadas o curso pasado por máis do 80% das familias.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 14 diante de Educación contra a LOMCE, as reválidas e os recortes no ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) concentrarase o mércores 14 de setembro diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Así o adiantou hoxe nunha rolda de prensa na que fixo un repaso das necesidades do sistema educativo e das carencias que se evidencia nun inicio de curso marcado pola decisión do goberno en funcións de seguir implantando a LOMCE de costas á sociedade.