A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE no ensino público o 9 de maio
Desde a Plataforma
Galega, vimos realizando un labor de información e mobilización contra este
proxecto de lei entre os que están numerosos actos e accións como xornadas,
charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións
comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a
continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este
proxecto de lei destrutora do ensino público.
Por que imos á folga o día 9?
Imos á folga para
amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora,
privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que
liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
Concentración diante do Consello Escolar
O Consello Escolar de Galiza esixiu a retirada do decreto de comedores.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse polo dereito ao comedor escolar diante da sede do Consello o día do debate.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse polo dereito ao comedor escolar diante da sede do Consello o día do debate.
Calendario e imaxes dos PECHES CONTRA A LOMCE
CALENDARIO DE PECHES
9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)
10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
12 de abril A GUARDA (CEIP A Sangriña)
15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
15 abril CANGAS (IES Rodeira)
17 abril LUGO (IES As Mercedes)
18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
22 abril BURELA (IES Monte Castelo)
22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Centos de persoas concentráronse o 31 de xaneiro de 2013 contra a aprobación da LOMCE
Centos de persoas participaron nas concentracións que baixo o lema “Non á LOMCE” se realizaron o xoves 31 de xaneiro pola tarde nas sete cidades, en Lalín, Carballo e o Barco de Valdeorras, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Podes consultar o manifesto que se leu ao remate das concentracións nas seguintes ligazón
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia os recortes cunha parodia sobre o inicio do curso
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou hoxe una parodia sobre a situación que se vai dar nas aulas galegas con motivo do inicio do curso escolar, con máis alumnado nas aulas e menos profesorado nos centros. O acto coincide co arranque do curso en Secundaria, con perto de 1.000 profesores menos.
A falta de profesorado foi unha das cuestións que os membros da Plataforma puxeron en evidencia coa representación teatral humorística pero tamén se fixo referencia a outras cuestións como á masificación das aulas, a falta de especialistas ou o apoio da Xunta a centros privados concertados relixiosos ou mesmo que segregan alumnado por razóns de xénero mentres se recortan os medios para o ensino público.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixiu que a Consellaría de Educación rectifique e que cese nos seus ataques ao ensino público, ataques que se concretan, entre outros, nos seguintes recortes:
- Incremento das rateos e masificación das aulas.
- Agrupamento, nunha mesma aula, de alumnado de diferentes idades, cursos e niveis.
- Supresión de 132 unidades, 12 centros e 199 postos de traballo de Educación Infantil e Primaria.
- Imposición dunha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado de 25 horas en Primaria e 20 en Secundaria, o que vai ter como consecuencia que o profesorado terá que impartir materias das que non é especialista para completar horario.
- Non substitución do profesorado de baixa até que transcorran 10 días lectivos, é dicir, dúas semanas, o que supón conculcar o dereito á educación do alumnado e alterar o plan de traballo dos centros.
- Carencia de postos de Formación Profesional que impiden o acceso dun número importante de alumnado aos estudos de Formación Profesional, o que prexudica gravemente as persoas que, precisamente nun momento de crise económica, buscan unha mellor e máis actualizada formación, entre elas moitas persoas paradas.
- Redución do profesorado nos centros o que comporta o abandono da atención á diversidade e ao alumnado con necesidades educativas especiais.
- Ampliación a 30 alumnos ou alumnas por aula nos programas de cualificación profesional inicial. Incremento das taxas universitarias, con subas que poden superar o 50% o que xa tivo como consecuencia o abandono de moitos mozos e mozas dos estudos que estaban ao realizar, pois tamén se endureceron as condicións para ao acceso a bolsas de estudos. Insuficiente oferta de prazas de comedores escolares e incremento do gasto escolar das familias.
Podedes ver outros fragmentos da parodia nas seguintes ligazóns:
http://www.youtube.com/watch?v=c7hFJfLc9ZI&feature=youtube_gdata_player
http://www.youtube.com/watch?v=kRGaCueSGuA&feature=youtube_gdata_player
http://www.youtube.com/watch?v=cVqwtVPO5WQ&feature=youtube_gdata_player
Subscrever:
Mensagens (Atom)


