A
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este martes 13 de
xaneiro en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o
2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non
recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades
e o dereito á educación.
Concentración o 8 de outubro diante da Consellaría de Educación
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar unha concentración para o próximo 8 de outubro en Santiago ás 11:horas, diante da Consellaría de Educación, contra os recortes e para pedir unha maior dotación de profesorado nos centros.
Concentración en Pereiro de Aguiar da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse en Pereiro de Aguiar coincidindo coa inauguración oficial do curso en Pereiro de Aguiar o 16 de setembro.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo coa inauguración do curso
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público anunciou este luns 8 de setembro en rolda de prensa que iniciará
as mobilizacións cunha concentración o 16 de setembro en Pereiro de
Aguiar coincidindo co a inauguración oficial do curso no colexio
Ben-Cho-Shey. A PGDEP repasou nesta rolda de prensa as carencias do
sistema educativo, moitas delas endémicas e que non son atendidas pola
Consellaría de Educación. O abandono, o desmantelamento e o decrecemento
da calidade no ensino público contrasta -denuncia a Plataforma- coa
potenciación que se fai do ensino privado concertado, incluso
subvencionando centros que segregan alumnado por sexo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración para reclamar a paralización dos currículos da LOMCE
Este xoves 12 de xuño diante da sede do Consello Escolar de Galiza ás 16:30. Ese día está prevista a reunión do Consello para tratar o currículo da FP Básica que o Goberno prevé implantar o vindeiro curso escolar.
Galería de imaxes dos actos do 4 de xuño contra a LOMCE e os recortes na educación
Máis de un millar de persoas participaron nos actos reivindicativo organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o 4 de xuño contra a aplicación da LOMCE e os recortes na educación.
Acto para escenificar as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE
O
escritor e mestre Xabier Docampo compartiu a súa experiencia como alumno
durante o franquismo nun acto realizado no Museo Pedagóxico de Galiza
Subscrever:
Mensagens (Atom)

