A Plataforma require da Consellaría de Educación o cumprimento das ratios de alumnado

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixiu este martes 2 de decembro en rolda de prensa solucións para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na boa marcha do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino advertiu que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2016 non van resolver as carencias que existen, insistiu na necesidade dun novo modelo de xestión do comedores escolares e demandoulles ás diferentes organizacións políticas que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE. A PGDEP tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai realizar en Malpica o 12 de decembro ás 12:00 horas para defender unha nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público corrobórase  a necesidade doutro modelo de comedores escolares xestionados directamente pola Consellaría de Educación. Anxo Louzao en representación da Plataforma, referiuse tamén á problemática derivada da  improvisación que caracteriza a aplicación da LOMCE e fixo un chamamento a todas as organizacións políticas que concorran ás eleccións para que sitúen como elemento fundamental entre as súas propostas a eliminación desta lei.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público apoiará o 12 de decembro a cadea humana en Malpica en defensa do dereito á atención educativa domiciliaria



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixiu este martes 2 de decembro  en rolda de prensa solucións para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na boa marcha do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público.  A Plataforma Galega en Defensa do Ensino advertiu que os orzamentos da Consellaría de Educación  para o ano 2016 non van resolver as carencias que existen,  insistiu na necesidade dun novo modelo de xestión do comedores escolares e demandoulles ás diferentes organizacións políticas que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE.  A PGDEP tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai realizar en Malpica o 12 de decembro ás 12:00 horas  para defender unha nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración. 



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público responsabiliza a Consellaría da conflitividade no inicio do curso escolar

Falta de profesorado, masificación nas aulas, falta de medios e caos educativo derivado pola aplicación da LOMCE en Galiza -que provocou que as materias e horarios non foran coñecidos até o comezo de curso- son algunhas das razóns que levaron a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a concentrarse esta mañá diante da Consellaría de Educación. Unha concentración á que se sumaron nais, pais e alumnado de centros como o CPI de O Pino ou do CEIP de Vite, na que se alertou do avance da privatización do ensino público e a cada vez maior desgaleguización e confesionalidade do sistema educativo galego.


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestarase o 16 contra os recortes no ensino

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este mércores, 9 de setembro, en rolda de prensa a conflitividade que provocan neste inicio de curso os recortes impostos pola Consellaría de Educación e a súa obstinación por aplicar a LOMCE e por non dotar aos centros do profesorado suficiente. Diante desta situación convoca unha concentración o 16 de setembro ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación. 



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inicia unha campaña para que as familias rexeiten as reválidas e as probas de 3º de primaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeitou este martes en rolda de prensa a proba de avaliación individualizada en 3º de primaria que se realizará o 27 e 28 de maio e que é o preámbulo das reválidas. A Plataforma vai desenvolver unha campaña para animar as familias a que desdeñen estas probas non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. A Plataforma tamén convoca unha concentración para o 27 de amio ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación.

MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS (PROBA 3º PRIMARIA)

Animamos ás familias a que rexeiten as probas de 3º de primaria non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba.  No interior da nova tes acceso ao modelo de escrito.