Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela en defensa do ensino e da sanidade públicos

Milleiros de persoas acudiron a Santiago este 3 de xuño para mobilizarse en defensa do ensino e da sanidade públicos. Ao remate, na praza da Quintana, Uxía Senlle e María Xosé Silvar, Sés, puxeron a música, xunto con Patricia Vázquez e Xurxo Souto, que foron os encargados de levar o acto de clausura. O representante da Federación de ANPAS de Ferrol, Javier Sánchez, no nome da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública deron lectura aos manifestos.