Actos contra a LOMCE o 13 de novembro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organizou, en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Carballo, o mércores 13 de novembro, novos actos contra a LOMCE que, nesta ocasión, tiveron como protagonista á cultura, con actuacións musicais,  teatro,  maxia e participación de escritores/as.


CONSULTA O PROGRAMA DOS DIFERENTES ACTOS NO INTERIOR





Santiago
            Biblioteca Ánxel Casal, 19:00h.

            Participarán:
                        Federico Pérez Rey (actor), Berta Dávila (escritora), Suso de Toro (escritor), Quico Cadaval (director e actor). Actuacións musicais a cargo de: Sonia Lebedynski (música e profesora), Alonso Caxade (músico e profesor), Najla Shami e a coral de Solfa.


A Coruña
Auditorio Andrés Gaos (Conservatorio Superior da Coruña), 19 h.

            Participarán:
-          César Cambeiro, Combo de Jazz do Conservatorio, Magín Blanco, María Canosa, Martín Camiña, Pedro Brandariz, Tombalobos Orquestra, Xabier Díaz…


Vigo
Marco (rúa do Príncipe), 20h.

            Participarán:
-          Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Baz, Marta Quintana, Laura Quintillán e Alumnado e profesorado AntiLOMCE.



Lugo
Salón de Actos da casa sindical, 20h.

            Participarán
-          Isidro novo (poeta). Coro AntiLOMCE lugués, Ensemble de clarinetes do CMUS  de Lugo, Vaitewert Folk, Ailalelos trío e Tundal.

Ourense
          Auditorio municipal (rúa da canle, 2), 19:30h.

            Participarán
-           Xose Lois González “O carrabouxo” e Teresa Devesa. Actuarán Terra Morena e o Gaiteiro Anónimo.



Ferrol
IES Concepción Arenal, 19.00

Participarán

-          Antón Cortizas, "Exame tipo Lomce”, Mago Fiz, Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio, Miguel Neira (músico), actuación musical a cargo do alumnado  do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol,  lectura de textos a cargo de alumnado  de distintas etapas educativas.

Pontevedra
Galería Sargadelos, 19.30

Participarán

-          Carlos do Viso  (músico)
Carballo
           
            Pazo de Cultura de Carballo, 19,30
           
-          Actuación musical do grupo Mala Vida