Portada
Manifesto constituínte
Adhesións Individuais
De organizacións
Manifesto contra a LOMCE
Integrantes
GALERÍA DE IMAXES DOS ACTOS CONTRA AS REVÁLIDAS O 9 DE MAIO
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa
na súa loita contra a LOMCE e contra as reválidas que están previstas para os días 11, 12 e 13 de maio. Numerosos centros rexeitaron de diferentes formas as reválidas na mañá deste luns 9 de maio. Os actos de hoxe súmanse ás concentracións realizadas na tarde do mércores 4 de maio de rexeitamento á LOMCE e ás reválidas e convocadas pola Plataforma nas cidades e diferentes vilas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reitera o seu chamamento ás familias para que non envíen ás súas fillas e fillos aos centros e demanda da administración educativa a paralización destas probas e da propia LOMCE.
O calendario de accións contra a LOMCE terá continuidade o próximo mércores 11 de maio, coincidindo co inicio das probas, cunha concentración diante da Consellaría de Educación.
Mensagem mais recente
Mensagem antiga
Página inicial