O estudantado galego irá novamente á folga o 16 de febreiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público asegura que manterá as mobilizacións até que non se derroguen definitivamente a LOMCE e as reválidas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou esta mañá en rolda de prensa novas mobilizacións en diversas localidades, para o vindeiro día 16 de febreiro, e o apoio á folga convocada pola organización estudantil Erguer. Estudantes de Galiza, para ese día. Así o explicaba o seu portavoz, Anxo Louzao, quen asegurou que “continuaremos mobilizándonos mentres non se derroguen definitivamente a LOMCE e as reválidas”.