Confírmase o éxito do boicot ás reválidas: máis dun 80% en 6º de Primaria e un 96% en 4º da ESOsecundan a protesta convocada pola Plataforma Galega

A resposta ten maior relevancia dada a decisión da Consellaría de estender a un 130% mais de centros a proba nestes cursos, deturpando o suposto carácter mostral da probas que a propia Consellaría vende.

A chamada daPlataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, animandoa non baixar a garda ante a convocatoria das reválidas impostas pola LOMCE en 450 centros galegos entre hoxe e mañá, tivo unha resposta case unánime por parte das familias. 

A Plataforma Galega anima a manter esta semana o boicot das reválidas en 6º de Primaria e 4º da ESO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público de Galiza (PGDEP) lembra que o rexeitamento a estas probas en Galiza é o máis elevado do Estado.

Após o enorme éxito a semana pasada con máis do 80% de absentismo nos centros galegos para as probas de 3º de Primaria, mañá está prevista a súa realización en 6º de Primaria e 4º da ESO. Malia que inicialmente estas reválidas teñen carácter mostral, a Consellaría incrementou considerabelmente o número de centros até os 450, 160 de Secundaria o que supón a metade dos que imparten estes estudosen Galiza.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama ao boicot contra as reválidas de primaria e ESO

Animan a dar continuidade ao éxito do boicot de cursos anteriores e a non baixar a garda na loita contra a LOMCE e o control político neoliberal da educación.


Representantes da Plataforma Galega en Defenda do Ensino Público (PGEDEP) presentaron en rolda de prensa a campaña de boicot contra as denominadas oficialmente como avaliacións individuais e finais impostas unilateralmente polo Partido Popular na LOMCE.
Desde a Plataforma incidiuse en que foi a loita e a resposta social contra a LOMCE durante estes últimos cinco anos a que provocou que a dereita dera marcha atrás na consolidación do carácter académico e vinculante para a titulación das reválidas. Sen embargo, alertaron de que esa marcha atrás non é definitiva e que é preciso seguir mobilizándose para botar abaixo a LOMCE e, en particular, as reválidas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma cita dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo para supeditarse á conveniencia económica das empresas do sector.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) vén de denunciar a pasividade da Consellaría de Educación na súa obriga de xestión ordinaria dos centros educativos. Por un lado, pon de manifesto a situación esperpéntica que se vén de producir co envío de material informático para o seu uso dentro dos proxectos Abalar e Edixgal.