O
escritor e mestre Xabier Docampo compartiu a súa experiencia como alumno
durante o franquismo nun acto realizado no Museo Pedagóxico de Galiza
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anuncia novas mobilizacións contra a LOMCE e os recortes
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou o mércores 7
de maio en rolda de prensa novas mobilizacións contra a LOMCE e os
recortes no ensino público. A próxima protesta será o 28 de maio e
consistirá nun acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que
representa a escola do franquismo co obxectivo de amosar as semellanzas
entre a educación na ditadura e o ensino que se pretende coa LOMCE. A
Plataforma tamén convocará para o 4 de xuño actos reivindicativos nas
sete cidades e diferentes vilas ás sete da tarde. Ese mesmo día, pola
mañá, proporase aos centros que dean lectura a un manifesto que
denunciará os recortes e que incluirá un chamamento a non aplicar a
LOMCE naqueles aspectos máis nocivos para o ensino público.
Subscrever:
Mensagens (Atom)