A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou este mércores 18 de decembro un acto simbólico na Consellería de Educación no que queimou a LOMCE. Posteriormente, representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregáronlle ás cinzas no Rexistro da Xunta dirixidas ao conselleiro e acompañadas dun escrito no que se denunciaba a súa actitude no proceso de aprobación da LOMCE.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera un acto de irresponsabilidade letal para o ensino público galego que o PP aprobe a LOMCE
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
insistiu en rolda de prensa que a aprobación da LOMCE este xoves 28 de novembro
supón un ataque letal ao ensino publico galego que, lonxe de garantir a
igualdade de acceso á educación, pon en tea xuízo o dereito universal á mesma
de toda a cidadanía. .
Rexeitemos a LOMCE o 28 de novembro
Ante a aprobación da LOMCE, prevista para o 28 de novembro no Congreso, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, fai un chamamento aos centros de ensino para que amosen o seu rexeitamento mediante as seguintes iniciativas:
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que esixen a retirada da LOMCE
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou este martes 18 de novembro no rexistro xeral da Xunta, en Santiago de Compostela, 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que, a través da adhesión ao manifesto Cultura galega contra a LOMCE, veñen de sumarse ao clamor popular que exixe a súa retirada.
Actos contra a LOMCE o 13 de novembro
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organizou, en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Carballo, o mércores 13 de novembro, novos actos contra a LOMCE que, nesta ocasión, tiveron como protagonista á cultura, con actuacións musicais, teatro, maxia e participación de escritores/as.
CONSULTA O PROGRAMA DOS DIFERENTES ACTOS NO INTERIOR
CONSULTA O PROGRAMA DOS DIFERENTES ACTOS NO INTERIOR
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en contra do Decreto de comedores
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en contra do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón, non só conculcar o dereito á educación, que é fundamental, senón tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas
Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañá e as mobilizacións previstas para as 11:30 horas nos seguintes lugares:
A Coruña (Praza de Vigo)
Carballo (Praza do Concello)
Cee (Praza do 8 de marzo)
Ferrol (Praza de España)
Santiago (Praza do Toural)
Ribeira (Estación de Autobuses)
Ourense (Diante da Xefatura Territorial de Educación. Rúa Concello)
Pontevedra (Praza da Peregrina)
Vilagarcía (Praza de Galiza)
Lalín (Praza de Igrexa)
Vigo (Praza dos Cabalos)
Lugo (Horta de Seminario)
Burela (Praza da Mariña)
O Barco (Praza do Concello).
A Cultura Galega contra a LOMCE
Se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito asina contra a LOMCE.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrégalle cabazas ao ministro e ao conselleiro polo seu suspenso como responsables da Educación
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizou este mércores
16 de outubro una nova protesta contra a LOMCE que consistiu nunha
concentración diante da Consellaría de Educación. Ademais representantes da
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaron no rexistro da Xunta
unha caixa chea de cabazas dirixidas ao conselleiro e ao ministro para
simbolizar o seu suspenso “ moi merecido” como responsables da aprobación da
LOMCE e dos continuos recortes ao ensino público.
Marcha a Santiago en contra da LOMCE o 28 de setembro
Santiago converteuse na mañá do sábado 28 de setembro no escenario dunha Marcha contra a LOMCE convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.Nesta nova mobilización participaron persoas chegadas de todo o país que fixeron ao redor de catro quilómetros a pé desde diferentes lugares da cidade para confluír finalmente na Praza de Pratería e reclamar que o Goberno retire a LOMCE porque é unha lei educativa “reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade”.
Non á LOMCE
Deixamos aquí a letra das copla contra a LOMCE que cantamos nas nosas mobilizacións. A letra é de Bieito Lobariñas e Guillerme
Ignacio e escollemos a música popular "O galo cando canta é día".
Acuso ao ministro
Reproducimos aquí o un fragmento do texto "Acuso ao ministro" utilizado nos actos da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
Concentración de inicio de curso contra a LOMCE e os recortes
A
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou a política de
desmantelamento do ensino público do PP nunha
concentración o mércores 11 de setembro ás 11:30 horas, diante da Consellaría
de Educación, que coincidiu co inicio do curso en Educación Infantil e
Primaria. A Plataforma tamén estuda a presentación dun
recurso contra o decreto de comedores ao limitar a gratuidade a 14.000
de 200.000 alumnos e alumnas.
Queima da LOMCE nas cacharelas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público aproveitou a noite de San Xoán para facer unha nova protesta contra a LOMCE qeu consistiu en queimala simbolicamente nas cacharelas de San Xoán.
Actos públicos contra a LOMCE o 13 de xuño
A música e a palabra foron as protagonistas dos actos públicos contra a LOMCE organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público este xoves 13 en Santiago, A
Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee e Vila de Cruces
novos actos públicos en contra da aprobación da LOMCE. En Ferrol será o 18 ás 19:30 horas na Praza do Himno, en Esteiro. Podes visitar a galería na que incluimos imaxes dos diferentes actos.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público incóalle un “expediente disciplinario” ao Ministro Wert
Representantes da Plataforma parodiaron o conselleiro de Educación, o ministro Wert, a igrexa e a patronal do ensino privado mediante a representación dun xuízo no que se volveu a esixir a retirada da LOMCE.
Merca a camiseta contra a LOMCE
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten á venda camisetas da campaña en contra da LOMCE. Hai tallaxe desde a S até a XXL e temos dous tamaños infantís (para 5-6 anos e para 9-10). O seu prezo, que só cobre os gastos de fabricación, é de 5 €. Podes facerte con elas a través das organizacións que forman parte da Plataforma.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público demándalle ao conselleiro de Educación que o Goberno galego exixa a retirada da LOMCE
Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este xoves 30 de maio un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no que se insta ao Goberno galego a solicitar a retirada da LOMCE, tal como están facendo os gobernos doutros territorios do Estado que igual que o galego vén atacadas e invadidas as súas competencias en materia educativa e perseguidos os seus idiomas propios.
NOVO CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS CONTRA A LOMCE PARA O ÚLTIMO TRAMO DO CURSO
Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este martes 28 de maio en rolda de prensa un novo calendario de mobilizacións para os meses de maio e xuño co obxectivo de frear a aprobación da LOMCE. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valorou como un éxito rotundo a folga no ensino do 9 de maio e as manifestación nas vilas e cidades galegas nas que participaron máis de 40.000 persoas.
NOVO CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS
Apoio maioritario do ensino galego á folga contra a LOMCE
Hoxe o ensino galego, co seu apoio maioritario á folga, afirmou firme e rotundamente NON Á LOMCE! e amosou o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática, e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE no ensino público o 9 de maio
Desde a Plataforma
Galega, vimos realizando un labor de información e mobilización contra este
proxecto de lei entre os que están numerosos actos e accións como xornadas,
charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións
comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a
continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este
proxecto de lei destrutora do ensino público.
Por que imos á folga o día 9?
Imos á folga para
amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora,
privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que
liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade.
Concentración diante do Consello Escolar
O Consello Escolar de Galiza esixiu a retirada do decreto de comedores.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse polo dereito ao comedor escolar diante da sede do Consello o día do debate.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse polo dereito ao comedor escolar diante da sede do Consello o día do debate.
Calendario e imaxes dos PECHES CONTRA A LOMCE
CALENDARIO DE PECHES
9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)
10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
12 de abril A GUARDA (CEIP A Sangriña)
15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
15 abril CANGAS (IES Rodeira)
17 abril LUGO (IES As Mercedes)
18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
22 abril BURELA (IES Monte Castelo)
22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo)
25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio)
26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Centos de persoas concentráronse o 31 de xaneiro de 2013 contra a aprobación da LOMCE
Centos de persoas participaron nas concentracións que baixo o lema “Non á LOMCE” se realizaron o xoves 31 de xaneiro pola tarde nas sete cidades, en Lalín, Carballo e o Barco de Valdeorras, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
Podes consultar o manifesto que se leu ao remate das concentracións nas seguintes ligazón
Subscrever:
Mensagens (Atom)