Preto do 82% do alumnado de terceiro de primaria auséntase dos centros para non facer a reválida



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse esta mañá diante da consellaría de Educación para exixir do goberno galego a inmediata paralización das reválidas e a posterior derrogación da LOMCE, coincidindo coa primeira xornada na que se desenvolvían estas probas en terceiro de Primaria.  Unha xornada que a PGDEP considerou un “éxito rotundo” dado que as familias de preto do 82% das alumnas e alumnos decidiron non envialos aos centros para manifestar así o seu masivo rexeitamento a estas probas.


A PGDEP chama a non participar nas probas de terceiro de Primaria os días 24 e 25 de maio

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público cualificou  en rolda de prensa, como un “rotundo éxito” da comunidade escolar e como un “estrepitoso fracaso da consellaría” o absentismo xeneralizado os exames de reválida de 6º de primaria. Ademais, fixo un novo chamamento á comunidade escolar, e nomeadamente a nais e pais, a non levar ás súas fillas e fillos aos centros os días 24 e 25 de maio, para que non realicen as probas de 3º de primaria, e a sumarse á concentración que convocará o propio día 24 diante da consellaría.

A PGDEP cualifica de éxito a ausencia masiva de alumnado á realización das reválidas e o rotundo rexeitamento á LOMCE que isto supón

 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Publico afirmou este mércores 11 de maio, no decurso da concentración celebrada diante de Educación, que tanto a Consellaría como o Goberno galego deberían tomar nota do maioritario rexeitamento do conxunto da comunidade escolar á LOMCE e ás reválidas. Agradece o apoio maioritario das familias e afirma que seguirá coas mobilizacións até a derrogación desta lei antisocial, recentralizadora e discriminatoria.