A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixiu
este martes 2 de decembro en rolda de
prensa solucións para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na
boa marcha do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
advertiu que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2016 non van resolver as carencias
que existen, insistiu na necesidade dun
novo modelo de xestión do comedores escolares e demandoulles ás diferentes
organizacións políticas que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de
derrogar a LOMCE. A PGDEP tamén anunciou
a súa participación na cadea humana que se vai realizar en Malpica o 12 de
decembro ás 12:00 horas para defender unha nova regulación da atención
educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración.