A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas

Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañá e as mobilizacións previstas para as 11:30 horas nos seguintes lugares: A Coruña (Praza de Vigo) Carballo (Praza do Concello) Cee (Praza do 8 de marzo) Ferrol (Praza de España) Santiago (Praza do Toural) Ribeira (Estación de Autobuses) Ourense (Diante da Xefatura Territorial de Educación. Rúa Concello) Pontevedra (Praza da Peregrina) Vilagarcía (Praza de Galiza) Lalín (Praza de Igrexa) Vigo (Praza dos Cabalos) Lugo (Horta de Seminario) Burela (Praza da Mariña) O Barco (Praza do Concello).

A Cultura Galega contra a LOMCE

Se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito asina contra a LOMCE.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrégalle cabazas ao ministro e ao conselleiro polo seu suspenso como responsables da Educación


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizou este mércores 16 de outubro una nova protesta contra a LOMCE que consistiu nunha concentración diante da Consellaría de Educación. Ademais representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaron no rexistro da Xunta unha caixa chea de cabazas dirixidas ao conselleiro e ao ministro para simbolizar o seu suspenso “ moi merecido” como responsables da aprobación da LOMCE e dos continuos recortes ao ensino público.