A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeitou este martes en
rolda de prensa a proba de avaliación individualizada en 3º de primaria que se
realizará o 27 e 28 de maio e que é o preámbulo das reválidas. A Plataforma vai
desenvolver unha campaña para animar as familias a que desdeñen estas probas
non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á
dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. A Plataforma tamén convoca unha concentración para o 27 de amio ás
11:30 horas diante da Consellaría de Educación.
MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS (PROBA 3º PRIMARIA)
Animamos ás familias a que rexeiten as probas de 3º de primaria non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á
dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. No interior da nova tes acceso ao modelo de escrito.
Subscrever:
Mensagens (Atom)