A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público asegura que manterá as mobilizacións até que non se derroguen definitivamente a LOMCE e as reválidas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou esta mañá en rolda de prensa novas mobilizacións en diversas localidades, para o vindeiro día 16 de febreiro, e o apoio á folga convocada pola organización estudantil Erguer. Estudantes de Galiza, para ese día. Así o explicaba o seu portavoz, Anxo Louzao, quen asegurou que “continuaremos mobilizándonos mentres non se derroguen definitivamente a LOMCE e as reválidas”.
O 90% do alumnado de ESO e Bacharelato baleira as aulas en Galiza en rexeitamento da LOMCE e as reválidas
“Polos datos que temos, o 90% do alumnado
secundou hoxe en Galiza a folga convocada en ensino medio, ESO e
Bacharelato, e houbo numerosos centros nos que a participación foi do
100%”. Así o declaraba ao comezo da manifestación de Compostela o
portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario
nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen considerou que “esta é a
mostra máis palpable do enorme rexeitamento que suscitan a LOMCE e as
reválidas no noso país”.
Concentracións contra as reválidas convocadas para o 24 de novembro
Dentro da xornada contra as reválidas e a LOMCE, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para mañá XOVES, 24 DE NOVEMBRO, pola tarde, concentracións en todo o país ás seguintes horas e lugares:
A PGDEP denuncia a demagoxia do PP por simular que desaparecen as reválidas mentres lexisla en sentido contrario
O borrador do decreto lei estabelece que, no futuro, as reválidas terán valor académico
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) fixo este martes, en rolda de prensa, un chamamento á
comunidade escolar a sumarse á xornada de loita convocada para este
xoves, día 24 de novembro, contra as reválidas e a LOMCE, e a participar
nas mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde nas sete
cidades e en Vilagarcía, Cee e Carballo. O seu portavoz, Anxo Louzao,
denunciou que mentres o goberno simula que as reválidas desaparecen,
prepara un decreto lei no que se vai estabelecer que, no futuro, terán
valor académico.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrega preto de 14.000 sinaturas contra as reválidas e a LOMCE
Cunha concentración simbólica diante da
consellaría de Educación a Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público reiteraba, esta mañá, a súa rotunda oposición ás reválidas e á
LOMCE. Demandas que respaldou coa entrega dun total de 13.526 sinaturas
recollidas nas últimas semanas que constatan o enorme rexeitamento que
suscita esta lei no conxunto da comunidade escolar.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións para os días 16 e 24 de novembro
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) anunciaba este martes, en rolda de prensa, a
convocatoria de mobilizacións para o día 16 de novembro –cunha
concentración, ás 11:15 horas, diante da Consellaría de Educación, e
posterior entrega no rexistro das sinaturas recollidas contra as
reválidas- e para o día 24 de novembro – con concentracións nas sete
cidades, ás 19:00 horas, e en Cee, Vilagarcía ás 19:30 horas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) valora como un rotundo éxito a xornada de loita contra as reválidas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) valora como un
rotundo éxito o seguimento desta xornada de loita contra as reválidas e a
LOMCE. Durante a tarde a PGDEP realizou concentracións en Pontevedra,
Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Carballo, Cee e
Vilagarcía.
Profesorado e alumnado concentrouse nos centros de secundaria contra as reválidas e a LOMCE
Profesorado e alumnado de secundaria de toda
Galiza concentrouse hoxe, xoves, durante a hora do recreo, nos centros de
ensino para manifestar o seu máis rotundo rexeitamento ás reválidas e á LOMCE. Unhas
probas- as de ESO e bacharelato- que comezarán a realizarse en 2017 e que será
imprescindíbel superar para conseguir os títulos de graduado en ESO e de
bacharel a partir de 2018. Probas que, en todo caso, substituirán xa este curso
as actuais PAU, sen que o alumnado saiba, a esta altura, en que van consistir o
seu deseño, cando delas depende o seu futuro.
Entrega de cabazas ao conselleiro de Educación para simbolizar o seu suspenso por aplicar as reválidas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público realizou este xoves 13 de outubro, no Rexistro da Xunta, en
Santiago un acto simbólico de entrega de cabazas ao conselleiro de
Educación para visualizar o gran suspenso da Consellaría de
Educación por aplicar a reválidas. Este acto forma parte da campaña
“NIN REVÁLIDAS NIN LOMCE” que leva adiante a PGDEP e que continuará o
próximo 20 de outubro cunha chamada aos centros para que o profesorado e
o alumnado fagan concentracións durante o recreo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública continuará coa mobilizacións “até derrogar a LOMCE e as reválidas”
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou , en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse diante de Educación contra a aplicación da LOMCE e os recortes no ensino público
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) concentrouse este mércores 14 de setembro diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Anxo Louzao, en representación da Plataforma, dixo que se non retiran as reválidas a Plataforma fará un chamamento á insubmisión a estas probas que foron rexeitadas o curso pasado por máis do 80% das familias.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 14 diante de Educación contra a LOMCE, as reválidas e os recortes no ensino público
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) concentrarase o mércores 14 de setembro diante da
Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para
denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino
público. Así o adiantou hoxe nunha rolda de prensa na que fixo un
repaso das necesidades do sistema educativo e das carencias que se
evidencia nun inicio de curso marcado pola decisión do goberno en
funcións de seguir implantando a LOMCE de costas á sociedade.
Preto do 82% do alumnado de terceiro de primaria auséntase dos centros para non facer a reválida
A Plataforma Galega
en Defensa do Ensino Público concentrouse esta mañá diante da consellaría de
Educación para exixir do goberno galego a inmediata paralización das reválidas
e a posterior derrogación da LOMCE, coincidindo coa primeira xornada na que se
desenvolvían estas probas en terceiro de Primaria. Unha xornada que a PGDEP considerou un “éxito
rotundo” dado que as familias de preto do 82% das alumnas e alumnos decidiron
non envialos aos centros para manifestar así o seu masivo rexeitamento a estas
probas.
A PGDEP chama a non participar nas probas de terceiro de Primaria os días 24 e 25 de maio
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público cualificou en rolda de prensa, como un “rotundo
éxito” da comunidade escolar e como un “estrepitoso fracaso da
consellaría” o absentismo xeneralizado os exames de reválida de 6º de
primaria. Ademais, fixo un novo chamamento á comunidade escolar, e
nomeadamente a nais e pais, a non levar ás súas fillas e fillos aos
centros os días 24 e 25 de maio, para que non realicen as probas de 3º
de primaria, e a sumarse á concentración que convocará o propio día 24
diante da consellaría.
A PGDEP cualifica de éxito a ausencia masiva de alumnado á realización das reválidas e o rotundo rexeitamento á LOMCE que isto supón
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Publico afirmou este mércores 11 de maio, no decurso da concentración celebrada diante
de Educación, que tanto a Consellaría como o Goberno galego deberían
tomar nota do maioritario rexeitamento do conxunto da comunidade escolar
á LOMCE e ás reválidas. Agradece o apoio maioritario das familias e
afirma que seguirá coas mobilizacións até a derrogación desta lei
antisocial, recentralizadora e discriminatoria.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou as diferentes accións que integrarán a campaña contra as reválidas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público continúa na loita contra a LOMCE e vén de pór en marcha a
campaña contra as reválidas para que as familias non envíen os seus
fillos ou fillas a facer as probas xerais de primaria. Representantes da
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este luns 25
de abril en rolda de prensa, en Santiago, as diferentes accións que
teñen como co obxectivo facer inviábeis as probas.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mobilízase baixo o lema “Nin LOMCE, nin reválidas”
Representantes da Plataforma Galega en
Defensa do Ensino Público concentráronse esta mañá diante da consellaría
de Educación para demandar a paralización e derrogación da LOMCE e das
reválidas. Unhas probas que xa se celebraron o curso pasado en terceiro
de Primaria –cunha insubmisión de máis do 50% das familias-, que este
ano pretenden estenderse a sexto e que “nin benefician o alumnado, nin
favorecen o proceso de aprendizaxe”.
A Plataforma pide o amparo da Valedora do Pobo para que inste á Consellaría de Educación a paralizar a LOMCE e non realizar as reválidas
Representantes da Plataforma
Galega en Defensa do Ensino Público entregaron este xoves 7 de abril unha
queixa dirixida á Valedora do Pobo a fin de pedir o seu amparo e de que
inste a Consellaría de Educación para
que paralice urxentemente a aplicación da LOMCE, nomeadamente a realización das
reválidas ás que pretende someter o alumnado de 3º e de 6º de Primaria.
A Plataforma demanda dos grupos parlamentarios do Congreso a paralización e derrogación da LOMCE
Unha representación das 12 organizacións
que conforman a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexistrouo mércores 30 de marzo no Parlamento de Galiza escritos dirixidos a todos os grupos
do Congreso en demanda de que se adopten todas as medidas necesarias
para a inmediata paralización e posterior derrogación da LOMCE, por
ser “extremadamente lesiva para o ensino público”.
A Plataforma require da Consellaría de Educación o cumprimento das ratios de alumnado
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público esixiu este martes 2 de decembro en rolda de prensa solucións
para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na boa marcha
do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público. A
Plataforma Galega en Defensa do Ensino advertiu que os orzamentos da
Consellaría de Educación para o ano 2016 non van resolver as carencias
que existen, insistiu na necesidade dun novo modelo de xestión do
comedores escolares e demandoulles ás diferentes organizacións políticas
que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE.
A PGDEP tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai
realizar en Malpica o 12 de decembro ás 12:00 horas para defender unha
nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e
obrigas para a administración.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
corrobórase a necesidade doutro modelo de comedores escolares
xestionados directamente pola Consellaría de Educación. Anxo Louzao en
representación da Plataforma, referiuse tamén á problemática derivada
da improvisación que caracteriza a aplicación da LOMCE e fixo un
chamamento a todas as organizacións políticas que concorran ás eleccións
para que sitúen como elemento fundamental entre as súas propostas a
eliminación desta lei.
Subscrever:
Mensagens (Atom)