A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) valora como un
rotundo éxito o seguimento desta xornada de loita contra as reválidas e a
LOMCE. Durante a tarde a PGDEP realizou concentracións en Pontevedra,
Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense, Carballo, Cee e
Vilagarcía.
Profesorado e alumnado concentrouse nos centros de secundaria contra as reválidas e a LOMCE
Profesorado e alumnado de secundaria de toda
Galiza concentrouse hoxe, xoves, durante a hora do recreo, nos centros de
ensino para manifestar o seu máis rotundo rexeitamento ás reválidas e á LOMCE. Unhas
probas- as de ESO e bacharelato- que comezarán a realizarse en 2017 e que será
imprescindíbel superar para conseguir os títulos de graduado en ESO e de
bacharel a partir de 2018. Probas que, en todo caso, substituirán xa este curso
as actuais PAU, sen que o alumnado saiba, a esta altura, en que van consistir o
seu deseño, cando delas depende o seu futuro.
Entrega de cabazas ao conselleiro de Educación para simbolizar o seu suspenso por aplicar as reválidas
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público realizou este xoves 13 de outubro, no Rexistro da Xunta, en
Santiago un acto simbólico de entrega de cabazas ao conselleiro de
Educación para visualizar o gran suspenso da Consellaría de
Educación por aplicar a reválidas. Este acto forma parte da campaña
“NIN REVÁLIDAS NIN LOMCE” que leva adiante a PGDEP e que continuará o
próximo 20 de outubro cunha chamada aos centros para que o profesorado e
o alumnado fagan concentracións durante o recreo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública continuará coa mobilizacións “até derrogar a LOMCE e as reválidas”
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou , en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”.
Subscrever:
Mensagens (Atom)