“Polos datos que temos, o 90% do alumnado
secundou hoxe en Galiza a folga convocada en ensino medio, ESO e
Bacharelato, e houbo numerosos centros nos que a participación foi do
100%”. Así o declaraba ao comezo da manifestación de Compostela o
portavoz da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e secretario
nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, quen considerou que “esta é a
mostra máis palpable do enorme rexeitamento que suscitan a LOMCE e as
reválidas no noso país”.
Concentracións contra as reválidas convocadas para o 24 de novembro
Dentro da xornada contra as reválidas e a LOMCE, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para mañá XOVES, 24 DE NOVEMBRO, pola tarde, concentracións en todo o país ás seguintes horas e lugares:
A PGDEP denuncia a demagoxia do PP por simular que desaparecen as reválidas mentres lexisla en sentido contrario
O borrador do decreto lei estabelece que, no futuro, as reválidas terán valor académico
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) fixo este martes, en rolda de prensa, un chamamento á
comunidade escolar a sumarse á xornada de loita convocada para este
xoves, día 24 de novembro, contra as reválidas e a LOMCE, e a participar
nas mobilizacións convocadas tanto pola mañá como pola tarde nas sete
cidades e en Vilagarcía, Cee e Carballo. O seu portavoz, Anxo Louzao,
denunciou que mentres o goberno simula que as reválidas desaparecen,
prepara un decreto lei no que se vai estabelecer que, no futuro, terán
valor académico.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrega preto de 14.000 sinaturas contra as reválidas e a LOMCE
Cunha concentración simbólica diante da
consellaría de Educación a Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público reiteraba, esta mañá, a súa rotunda oposición ás reválidas e á
LOMCE. Demandas que respaldou coa entrega dun total de 13.526 sinaturas
recollidas nas últimas semanas que constatan o enorme rexeitamento que
suscita esta lei no conxunto da comunidade escolar.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións para os días 16 e 24 de novembro
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público (PGDEP) anunciaba este martes, en rolda de prensa, a
convocatoria de mobilizacións para o día 16 de novembro –cunha
concentración, ás 11:15 horas, diante da Consellaría de Educación, e
posterior entrega no rexistro das sinaturas recollidas contra as
reválidas- e para o día 24 de novembro – con concentracións nas sete
cidades, ás 19:00 horas, e en Cee, Vilagarcía ás 19:30 horas.
Subscrever:
Mensagens (Atom)