Falta de profesorado, masificación nas aulas, falta de medios e caos
educativo derivado pola aplicación da LOMCE en Galiza -que provocou que
as materias e horarios non foran coñecidos até o comezo de curso- son
algunhas das razóns que levaron a Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público a concentrarse esta mañá diante da Consellaría de Educación.
Unha concentración á que se sumaron nais, pais e alumnado de centros
como o CPI de O Pino ou do CEIP de Vite, na que se alertou do avance da
privatización do ensino público e a cada vez maior desgaleguización e
confesionalidade do sistema educativo galego.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestarase o 16 contra os recortes no ensino
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este
mércores, 9 de setembro, en rolda de prensa a conflitividade que
provocan neste inicio de curso os recortes impostos pola Consellaría de
Educación e a súa obstinación por aplicar a LOMCE e por non dotar aos
centros do profesorado suficiente. Diante desta situación convoca unha
concentración o 16 de setembro ás 11:30 horas diante da Consellaría de
Educación.
Subscrever:
Mensagens (Atom)