Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este martes 28 de maio en rolda de prensa un novo calendario de mobilizacións para os meses de maio e xuño co obxectivo de frear a aprobación da LOMCE. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valorou como un éxito rotundo a folga no ensino do 9 de maio e as manifestación nas vilas e cidades galegas nas que participaron máis de 40.000 persoas.
30 de maio ás 11:30 h. en San Caetano
Entrega dun escrito no que se insta ao conselleiro de Educación a que, ao
igual que fará o goberno vasco e catalá, o Goberno galego presione ao Goberno
do Estado para a non aprobación da LOMCE, por ser unha lei españolizadora,
antigalega e centralista.
5 de xuño ás 11:30 h. en San
Caetano
Concentración
diante da Consellería de Educación. Simulación
de “apertura” dun expediente disciplinario ao Ministro Wert, habida conta do
seu “maltrato ao ensino público”, mediante o cal “será expulsado” do propio
Sistema Educativo.
13 de xuño de 19 h. a 20 h.
Acto contra a LOMCE nas diferentes
comarcas do país que consistirá na lectura de diferentes textos por persoeiros
das diferentes localidades, así como actuacións musicais e outras accións.
Último claustro do curso
A
Plataforma instará aos diferentes claustros dos centros educativos para que no
derradeiro claustro deste curso académico saquen unha resolución en contra da
LOMCE e dos recortes no ensino público deste país.
Mocións nos concellos
Solicitaráselle aos grupos da oposición dos
diferentes concellos de Galiza que demanden, nos respectivos plenos municipais,
a aprobación dun texto solicitando a non aprobación da LOMCE e que se faga
chegar ao conselleiro de Educación.
Cacharelas
Transmitiremos as nosas reivindicacións ás
diferentes vilas, cidades e aldeas, co fin de que nas cacharelas do país se
“queime a LOMCE” de xeito simbólico.
Coincidindo co debate parlamentario da LOMCE
Levarase
a cabo unha Marcha a Compostela dende diferentes localidades e comarcas do
país, percorrendo a pé os últimos quilómetros, cando menos, dende as catro
estradas máis importantes de acceso a Compostela (Ourense, Lugo, Pontevedra, A
Coruña).
A Plataforma Galega en Defensa do
Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga
Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPAS de Lugo (FAPACEL),
Federación de ANPAS de Compostela, Federación de ANPAS da Costa da Morte, a
Federación de ANPAS de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do
Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova.