A Plataforma Galega en Defensa do Ensino 
Público esixiu este martes 2 de decembro  en rolda de prensa solucións 
para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na boa marcha
 do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público.  A
 Plataforma Galega en Defensa do Ensino advertiu que os orzamentos da 
Consellaría de Educación  para o ano 2016 non van resolver as carencias 
que existen,  insistiu na necesidade dun novo modelo de xestión do 
comedores escolares e demandoulles ás diferentes organizacións políticas
 que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE. 
 A PGDEP tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai 
realizar en Malpica o 12 de decembro ás 12:00 horas  para defender unha 
nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e 
obrigas para a administración. 
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público 
corrobórase  a necesidade doutro modelo de comedores escolares 
xestionados directamente pola Consellaría de Educación. Anxo Louzao en 
representación da Plataforma, referiuse tamén á problemática derivada 
da  improvisación que caracteriza a aplicación da LOMCE e fixo un 
chamamento a todas as organizacións políticas que concorran ás eleccións
 para que sitúen como elemento fundamental entre as súas propostas a 
eliminación desta lei.
