Apoio maioritario do ensino galego á folga contra a LOMCE


Hoxe o ensino galego, co seu apoio maioritario á folga, afirmou firme e rotundamente NON Á LOMCE!  e amosou o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

Manifestacións e concentracións convocadas para o día da folga ás 11:30



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE no ensino público o 9 de maio



Desde a Plataforma Galega, vimos realizando un labor de información e mobilización contra este proxecto de lei entre os que están numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público.

Por que imos á folga o día 9?


Imos á folga para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

Concentración diante do Consello Escolar

O Consello Escolar de Galiza esixiu a retirada do decreto de comedores.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse polo dereito ao  comedor escolar diante da sede do Consello o día do debate.


Calendario e imaxes dos PECHES CONTRA A LOMCE




CALENDARIO DE PECHES

9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía de Castro)
10 de abril: A CORUÑA (IES Menéndez Pidal)
11 de abril FERROL (CIFP Ferrolterra)
12 de abril A GUARDA (CEIP A Sangriña)
15 abril CARBALLO (IES Alfredo Brañas)
15 abril CANGAS (IES Rodeira) 
17 abril LUGO (IES As Mercedes) 
18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite) 
22 abril BURELA (IES Monte Castelo) 
22 abril OURENSE (Xefatura territorial)
23 abril CAMBADOS (IES Ramón Cabanillas)
24 abril RIBEIRA (IES Nº 1)
24 abril VIGO (IES San Tomé Vigo) 
25 abril GONDOMAR (IES Terra de Turonio) 
26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)

Centos de persoas concentráronse o 31 de xaneiro de 2013 contra a aprobación da LOMCE


Centos de persoas participaron nas concentracións que baixo o lema “Non á LOMCE”  se realizaron o xoves 31 de xaneiro pola tarde nas sete cidades, en Lalín, Carballo e o Barco de Valdeorras, convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Podes consultar o manifesto que se leu ao remate das concentracións nas seguintes ligazón