MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS (PROBA 3º PRIMARIA)

Animamos ás familias a que rexeiten as probas de 3º de primaria non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba.  No interior da nova tes acceso ao modelo de escrito.

……………………………………………………………………pai, nai ou titor/a da alumna ou alumno do centro…………………………………………………………quere facer constar  
O total rexeitamento á proba de avaliación individualizada á que vai ser sometido o meu fillo/a os  días 27 e 28 de maio, entre outras razóns, porque:
  • É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado de 8 anos a unha presión innecesaria, mediante unha proba que o vai avaliar baixo estándares uniformizados, sen considerar a educación como un proceso no que hai que avaliar e considerar as circunstancias persoais, socioeconómicas, capacidades e actitudes do alumnado.
  • Limítase a avaliar o ámbito lingüístico e matemático, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico, musical e físico e refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbeis para a formación integral do alumnado.
  • Despreza a avaliación continua e a opinión do equipo docente. Ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado e dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.
  • Subestima e desconfía do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais nesta etapa educativa.
  • Responde á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista de centros que contará con máis medios e recursos.
  • Pretende ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que vai excluíndo os sectores máis desfavorecidos da educación.
  • Supón tamén un despropósito, xa que os estudos de aprendizaxe que se pretenden avaliar corresponden aos tres primeiros cursos de primaria e o alumnado que vai sufrir as probas só cursou terceiro da LOMCE.
  • A Consellaría de Educación malgasta o diñeiro público, malia as múltiples carencias dos centros.

Ao mesmo tempo reclamo a destrución dos datos de carácter persoal que van constar no ficheiro denominado avaliación do sistema educativo. Prégolle que teña a ben trasladar este escrito ao conselleiro Educación.
.......................................,  .......……….de maio de 2015


Asdo:……………………………………………..