Proposta de escrito para as familias e modelo de resolución para os claustros e consellos escolares





MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS 

NON ÁS REVÁLIDAS




………………………………………………………………….., pai, nai ou titor, titora da alumna ou alumno ………………………………………………….., do centro …………………………......, quere facer constar:


O total rexeitamento á LOMCE e, por tanto, á proba xeral de 3º de Primaria e/ou á proba xeral de final de etapa en 6º de Primaria, á que vai ser sometida a miña filla ou fillo, entre outras razóns, porque:
  • O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretende pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responde, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúe a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidade.
  • É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que  considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado.
  • Limítanse a avaliar o ámbito lingüístico, matemático e científico-técnico, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado.
  • Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego.
  • Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.
  • Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.
  • Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos.
  • Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo.


Ao mesmo tempo, reclamo a destrución dos datos de carácter persoal que van constar no ficheiro denominado “avaliación do sistema educativo” e solicito que teña a ben trasladar este escrito ao conselleiro de Educación.

………………………………, …………….  de maio de 2016

Asdo:  ……………………………………………………………………………….

Á DIRECTORA / AO DIRECTOR DO ………………………………………………………………………………

Desde a Plataforma propómosvos que, desde o claustro e o consello escolar do centro, remitades ao conselleiro de Educación, gabinete.educacion@edu.xunta.es, fax 981 54 44 99, un escrito de rexeitamento ás reválidas. Reproducimos modelos:

PROPOSTA DE RESOLUCIÓNS  PARA OS CLAUSTROS 



 O Claustro do profesorado do centro …............................................... do concello de.......................................... quere manifestar unha vez máis o seu rexeitamento á LOMCE, consciente de que estamos ante unha lei nociva para o ensino público e galego. Unha lei que impide o dereito á educación para todo o alumnado, que acrecenta a privatización e a mercantilización da educación, desterra a igualdade de oportunidades, elimina a xestión democrática dos centros, reforza a confesionalidade, promove a segregación do alumnado, españoliza aínda máis o ensino e reincorpora as reválidas do franquismo para expulsar o alumnado das clases populares do sistema educativo.

A aplicación da LOMCE está sendo un desatino absoluto que supón graves prexuízos para o funcionamento dos centros e para a calidade do ensino. A Consellaría de Educación, lonxe de paralizar a súa implantación, continúa submisa aos mandatos de Madrid coa firme decisión de proseguir non só coa proba xeral de 3º de Primaria, senón tamén coa proba xeral de final de etapa de 6º de Primaria, malia que o curso pasado máis do 50% das familias se negase a que os seus fillos e fillas realizasen a de 3º de Primaria. Así mesmo, ten decidido a implantación das reválidas de ESO e de bacharelato para o vindeiro curso, con consecuencias aínda máis graves e discriminatorias, xa que da súa superación depende a adquisición dos títulos de ESO e de bacharelato, respectivamente.

Reafirmámonos na improcedencia das reválidas que nin benefician o alumnado nin favorecen o proceso ensino-aprendizaxe, xa que:

·    O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretende pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responde, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúe a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades.

·    É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que  considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado.

·    Limítanse a avaliar o ámbito lingüístico, matemático e científico-técnico, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado.

·    Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego.

·    Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.

·    Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel. 

·    Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos.

·    Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo.

Por todo isto, rexeitamos tanto a LOMCE como as súas reválidas. Declaramos a nosa a nosa indisposición a participar na aplicación das mesmas e solicitamos a paralización e derrogación da LOMCE e das probas xerais e reválidas. 

……………., ………., ……… 2016

SR. CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PARA OS CONSELLOS ESCOLARES

 O Consello Escolar do centro …............................................... do concello de.......................................... quere manifestar unha vez máis o seu rexeitamento á LOMCE, consciente de que estamos ante unha lei nociva para o ensino público e galego. Unha lei que impide o dereito á educación para todo o alumnado, que acrecenta a privatización e a mercantilización da educación, desterra a igualdade de oportunidades, elimina a xestión democrática dos centros, reforza a confesionalidade, promove a segregación do alumnado, españoliza aínda máis o ensino e reincorpora as reválidas do franquismo para expulsar o alumnado das clases populares do sistema educativo.

A aplicación da LOMCE está sendo un desatino absoluto que supón graves prexuízos para o funcionamento dos centros e para a calidade do ensino. A Consellaría de Educación, lonxe de paralizar a súa implantación, continúa submisa aos mandatos de Madrid coa firme decisión de proseguir non só coa proba xeral de 3º de Primaria, senón tamén coa proba xeral de final de etapa de 6º de Primaria, malia que o curso pasado máis do 50% das familias se negase a que os seus fillos e fillas realizasen a de 3º de Primaria. Así mesmo, ten decidido a implantación das reválidas de ESO e de bacharelato para o vindeiro curso, con consecuencias aínda máis graves e discriminatorias, xa que da súa superación depende a adquisición dos títulos de ESO e de bacharelato, respectivamente.

Reafirmámonos na improcedencia das reválidas que nin benefician o alumnado nin favorecen o proceso ensino-aprendizaxe, xa que:

·    O estabelecemento da proba xeral en 3º e 6º de Primaria e as reválidas en 4º da ESO e en bacharelato, que son requisito imprescindíbel para conseguir os títulos correspondentes, pretende pór as maiores trabas posíbeis para a continuación dos estudos. Responde, exclusivamente, a unha concepción totalmente clasista e elitista da educación e contribúe a excluír o alumnado máis desfavorecido socialmente do dereito á educación, cando xa hoxe o ensino público carece de elementos compensatorios para facer efectivo e real o principio de igualdade de oportunidades.

·    É unha aberración desde o punto de vista pedagóxico someter o alumnado a unha presión innecesaria, mediante probas que o vai avaliar baixo estándares uniformizadores, sen considerar a educación como un proceso no que hai que  considerar as circunstancias persoais e socioeconómicas e as capacidades e actitudes do alumnado.

·    Limítanse a avaliar o ámbito lingüístico, matemático e científico-técnico, menosprezando a adquisición doutras competencias, destrezas e habilidades do campo artístico e musical refusando o ensino da nosa historia e medio natural, imprescindíbel para a formación integral do alumnado.

·    Recentralizan o sistema educativo, dado que a elaboración e deseño das probas, os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe avaliábeis serán fixados polo Ministerio de Educación, rexeitando así o estudo e coñecemento de todo o que nos conforma como pobo galego.

·    Desprezan a avaliación continua e a opinión do equipo docente, cando ninguén mellor que o titor ou titora ou o equipo docente para coñecer as carencias, potencialidades, habilidades e capacidades do alumnado, así como dos medios, recursos e apoios necesarios para mellorar a aprendizaxe e o rendemento escolar.

·    Subestiman e desconfían do traballo do profesorado que estará sometido e totalmente condicionado a orientar o seu traballo docente a preparar o alumnado para a obtención da mellor nota posíbel na avaliación final, marxinando outros aspectos educativos fundamentais para acadar unha formación o máis completa posíbel.

·    Responden á pretensión de conformar rankings de centros, segundo os resultados destas avaliacións e sen ter en conta as características do alumnado e os servizos cos que conta o centro, co obxecto de ir configurando unha rede elitista que contará con máis medios e recursos

·    Pretenden ir afirmando un sistema educativo competitivo, clasista e segregador que excluirá os sectores máis desfavorecidos da educación e asentará unha estrutura curricular ao servizo do neoliberalismo.

Por todo isto, rexeitamos tanto a LOMCE como as súas reválidas e, en consecuencia, solicitámoslle ao conselleiro de Educación que paralice a aplicación da LOMCE e as probas xerais que ten previsto realizar este curso en 3º e en 6º de Primaria.

……………., ………., ……… 2016

SR. CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA