A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa na súa loita contra a LOMCE e contra as reválidas que están previstas para os días 11, 12 e 13 de maio. Numerosos centros rexeitaron de diferentes formas as reválidas na mañá deste luns 9 de maio. Os actos de hoxe súmanse ás concentracións realizadas na tarde do mércores 4 de maio de rexeitamento á LOMCE e ás reválidas e convocadas pola Plataforma nas cidades e diferentes vilas.
A Plataforma Galega en Defensa do
Ensino Público reitera o seu chamamento ás familias para que non envíen ás súas
fillas e fillos aos centros e demanda da administración educativa a
paralización destas probas e da propia LOMCE.
O calendario de accións contra a
LOMCE terá continuidade o próximo mércores 11 de maio, coincidindo co inicio
das probas, cunha concentración diante da Consellaría de Educación.