A Plataforma Galega anima a manter esta semana o boicot das reválidas en 6º de Primaria e 4º da ESO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público de Galiza (PGDEP) lembra que o rexeitamento a estas probas en Galiza é o máis elevado do Estado.

Após o enorme éxito a semana pasada con máis do 80% de absentismo nos centros galegos para as probas de 3º de Primaria, mañá está prevista a súa realización en 6º de Primaria e 4º da ESO. Malia que inicialmente estas reválidas teñen carácter mostral, a Consellaría incrementou considerabelmente o número de centros até os 450, 160 de Secundaria o que supón a metade dos que imparten estes estudosen Galiza.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama ao boicot contra as reválidas de primaria e ESO

Animan a dar continuidade ao éxito do boicot de cursos anteriores e a non baixar a garda na loita contra a LOMCE e o control político neoliberal da educación.


Representantes da Plataforma Galega en Defenda do Ensino Público (PGEDEP) presentaron en rolda de prensa a campaña de boicot contra as denominadas oficialmente como avaliacións individuais e finais impostas unilateralmente polo Partido Popular na LOMCE.
Desde a Plataforma incidiuse en que foi a loita e a resposta social contra a LOMCE durante estes últimos cinco anos a que provocou que a dereita dera marcha atrás na consolidación do carácter académico e vinculante para a titulación das reválidas. Sen embargo, alertaron de que esa marcha atrás non é definitiva e que é preciso seguir mobilizándose para botar abaixo a LOMCE e, en particular, as reválidas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia o desleixo da Consellaría na xestión educativa ordinaria

A Plataforma cita dous exemplos recentes: o envío de ordenadores aos centros sen un sistema que permita cargalos, e o transporte escolar, que está deixando de ser un servizo educativo para supeditarse á conveniencia económica das empresas do sector.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) vén de denunciar a pasividade da Consellaría de Educación na súa obriga de xestión ordinaria dos centros educativos. Por un lado, pon de manifesto a situación esperpéntica que se vén de producir co envío de material informático para o seu uso dentro dos proxectos Abalar e Edixgal. 

Rotundo rexeitamento ao peche de centros na manifestación da Plataforma Galega

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestouse esta mañá, xunto con nais, pais, alumnado e profesorado dos centros afectados, contra o peche de centros docentes e a redución do profesorado que pretende acometer a Consellaría de Educación no remate do presente curso escolar.

 

Máis do 80% das familias decidiron non enviar aos seus fillos e fillas aos centros de ensino a realizar a reválida de 3º



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora moi positivamente o resultado do boicot  ás reválidas que empezaron este martes 30 de maio en 3º de Primaria. Segundo os datos da Plataforma Galega máis do 80% das familias decidiron non enviar aos seus  fillos e fillas a facer estas probas. Incluso houbo centros nos que non foi ningún alumnado. Desde a Plataforma Galega agradecemos ás familias o esforzo realizado para volver a evidenciar a súa oposición á LOMCE, con todas o sacrificio que lles supón non poder enviar durante dous días aos seus fillos e fillas aos centros educativos.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a boicotear a reválida de 3º de Primaria, prevista para o 30 e o 31 de maio



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fixo esta mañá, en rolda de prensa, un novo chamamento ás nais e pais para que non envíen ás súas fillas e fillos a realizar a reválida de 3º de Primaria, prevista para o martes 30 e o mércores 31 de maio. O seu portavoz, Anxo Louzao, denunciou a “obstinación” da consellaría, que malia o rexeitamento xeneralizado da comunidade escolar, segue mantendo estas probas e negándose a escoitar o clamor do profesorado, das familias e do propio alumnado contra a LOMCE e contra as probas que dela emanan.