Acuso ao ministro
- ...
en nome do profesorado galego
- ...
en nome das nais e pais galegos
- ...
en nome do alumnado galego
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de promover unha lei uniformizadora e españolizadora.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de inimigo da cultura e do idioma galego.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de promover o descoñecemento e de prohibir o ensino en galego.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de impedir o estudo da nosa historia e da nosa cultura, de todo o que nos conforma como pobo.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de liquidar a xestión democrática dos centros.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de impor as direccións e concentrar todas as competencias nas mesmas subtraéndollelas ao consello escolar e ao claustro de profesores/as.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de desautorizar, desconsiderar e desprezar o noso traballo como docentes.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de eliminar a liberdade de cátedra.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de prácticas clientelares para fixar os cadros de persoal dos centros e para nomear o profesorado interino.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de elaborar unha lei ao servizo do ensino privado concertado e PARA ampliar os concertos.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de recuperar as reválidas franquistas para conseguir os títulos de ESO e Bacharelato.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de adoutrinamento relixioso e de reforzar a confesionalidade no ensino.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de elaborar un lei segundo os ditados do Opus Dei.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de repudiar a coeducación e subvencionar totalmente os centros que segregan alumnado por razón de xénero.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de ordenar a educación baixo os criterios da lei do mercado para destruír o emprego, empeorar a calidade do ensino e destinar máis diñeiro ao ensino privado.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro porque a LOMCE amplía os concertos educativos e promove centros de elite, mediante a selección do alumnado.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de vetar o dereito á educación dos fillos e fillas das clases populares.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro de promover unha lei que comporta exclusión social, maior desigualdade e un ensino menos inclusivo e menos equitativo. Unha lei retrógrada e da dereita máis extrema.
- Acuso o Ministro e o Conselleiro porque a LOMCE é unha lei clasista, españolizadora, reaccionaria, antidemocrática e confesional. Unha lei que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos.