Para escoitala só tes que clicar no micrófono de aquí abaixo, e darlle un pouquiño de tempo, sobre todo se non tes unha conexión moi rápida.
Ficha técnica
Gravado no mes de xuño de 2013 nos Estudos Xonix Records da Bandeira (Silleda-PO).
- Gravación e mesturas: Lolo Arincón.
- Produción artística: Antón Castro e Guillerme Ignacio.
- Participaron na grabación:
- Xosé Nogueira: Tamboril.
- Antón Castro: bombo e voces.
- Rubén Fernández: acordeón e voces.
- Bieito Lobariñas: gaita e voces.
- Guillerme Ignacio: gaita, requinta, pandeireta e voces.
- Davide Nogueira: clarinete.
- Xosé Saiáns: voces.
- Vicente Montero: voces.
- Xaime Moure: voces.
- Antía García: voces.
- Carme Pérez: voces.
LOMCE NON
Música popular:"O galo cando canta é día"
Letra: Bieito Lobariñas e Guillerme Ignacio
Non queremos esta lei
Esta lei de_educación
E por iso_é que berramos
Non á lomce, lomce non
(x 2)
Queremos ensino_en galego
Galego, galego
Queremos ensino_en galego
P´ra que_o noso_idioma
Non sexa_estranxeiro
(x 2)
Non queremos esta lei...
Queremos que mande_o
Consello (escolar!)
Consello, consello
Queremos que mande_o consello
E que non nos poñan
Director(a)_a dedo
(x 2)
Non queremos esta lei...
Queremos aprobar a_etapa
Etapa, etapa
Queremos aprobar a_etapa
Sen que_unha reválida
Nos dea_a lata
(x 2)
Non queremos esta lei...
Queremos mandar un recado
Recado, recado
Queremos mandar un recado
Que_o_alumnado noso
Non é_o seu mercado
(x 2)
Non queremos esta lei...
A lomce tamén ten a pega
A pega, a pega
A lomce tamén ten a pega_españolizadora e antigalega
(x 2)
Non queremos esta lei...
Queremos a lei de mellora
Mellora, mellora
Queremos a lei de mellora
Laica e que sexa
Non segregadora
(x 2)
Non queremos esta lei...
Nun estado_aconfesional
"sional", "sional"
Nun estado_aconfesional
Que non mande_a conferencia_episcopal
(x 2)
Non queremos esta lei…