Concentración de inicio de curso contra a LOMCE e os recortes


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou a política de desmantelamento do ensino público do PP nunha concentración o mércores 11 de setembro ás 11:30 horas, diante da Consellaría de Educación, que coincidiu co inicio do curso en Educación Infantil e Primaria. A Plataforma tamén estuda a presentación dun recurso contra o decreto de comedores ao limitar a gratuidade a 14.000 de 200.000 alumnos e alumnas.