Rexeitemos a LOMCE o 28 de novembro


Ante a aprobación da LOMCE, prevista para o 28 de novembro no Congreso, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público,  fai un chamamento aos centros de ensino para que amosen o seu rexeitamento mediante as seguintes iniciativas:



A Plataforma propón a seguintes iniciativas:

- Enviarlle ao conselleiro de Educación por correo electrónico  (conselleiro.cultura.educacion@xunta.es) un texto semellante ao seguinte:  “Rexeitamos a aprobación da LOMCE porque supón unha agresión ao ensino público e ao dereito á educación”.



- Organizar un acto simbólico no voso centro educativo, dito 28 de novembro, facendo visible, con diferentes lemas, o rexeitamento á LOMCE.



Pregámosvos que enviedes ao correo plataformagalegaensino@gmail.com unha foto do acto así como unha copia do correo enviado ao conselleiro.