A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que esixen a retirada da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregou este martes 18 de novembro no rexistro xeral da Xunta, en Santiago de Compostela, 482 sinaturas de persoas ligadas á cultura galega que, a través da adhesión ao manifesto Cultura galega contra a LOMCE, veñen de sumarse ao clamor popular que exixe a súa retirada. 

Actos contra a LOMCE o 13 de novembro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organizou, en Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Carballo, o mércores 13 de novembro, novos actos contra a LOMCE que, nesta ocasión, tiveron como protagonista á cultura, con actuacións musicais,  teatro,  maxia e participación de escritores/as.


CONSULTA O PROGRAMA DOS DIFERENTES ACTOS NO INTERIOR



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en contra do Decreto de comedores

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en contra do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios. Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a promulgación deste decreto e a súa aplicación supón, non só conculcar o dereito á educación, que é fundamental, senón tamén a obriga de escolarización de todo o alumnado até 16 anos. 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público chama a secundar a folga contra a LOMCE e as mobilizacións previstas para mañá 24 de outubro ás 11:30 horas

Representantes da Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público fixeron este mércores 23 de outubro un chamamento a que o profesorado, o alumando e o e as familias secunden de xeito masivo a folga contra a LOMCE convocada para mañá e as mobilizacións previstas para as 11:30 horas nos seguintes lugares: A Coruña (Praza de Vigo) Carballo (Praza do Concello) Cee (Praza do 8 de marzo) Ferrol (Praza de España) Santiago (Praza do Toural) Ribeira (Estación de Autobuses) Ourense (Diante da Xefatura Territorial de Educación. Rúa Concello) Pontevedra (Praza da Peregrina) Vilagarcía (Praza de Galiza) Lalín (Praza de Igrexa) Vigo (Praza dos Cabalos) Lugo (Horta de Seminario) Burela (Praza da Mariña) O Barco (Praza do Concello).

A Cultura Galega contra a LOMCE

Se pertences ao ámbito cultural ou a algunha asociación que desenvolva a súa labor nese ámbito asina contra a LOMCE.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrégalle cabazas ao ministro e ao conselleiro polo seu suspenso como responsables da Educación


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizou este mércores 16 de outubro una nova protesta contra a LOMCE que consistiu nunha concentración diante da Consellaría de Educación. Ademais representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaron no rexistro da Xunta unha caixa chea de cabazas dirixidas ao conselleiro e ao ministro para simbolizar o seu suspenso “ moi merecido” como responsables da aprobación da LOMCE e dos continuos recortes ao ensino público.