A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inicia unha campaña para que as familias rexeiten as reválidas e as probas de 3º de primaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeitou este martes en rolda de prensa a proba de avaliación individualizada en 3º de primaria que se realizará o 27 e 28 de maio e que é o preámbulo das reválidas. A Plataforma vai desenvolver unha campaña para animar as familias a que desdeñen estas probas non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. A Plataforma tamén convoca unha concentración para o 27 de amio ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación.

MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS (PROBA 3º PRIMARIA)

Animamos ás familias a que rexeiten as probas de 3º de primaria non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba.  No interior da nova tes acceso ao modelo de escrito.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este martes 13 de xaneiro en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

Concentración o 8 de outubro diante da Consellaría de Educación




A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar unha concentración para o próximo 8 de outubro en Santiago ás 11:horas, diante da Consellaría de Educación, contra os recortes e para pedir unha maior dotación de profesorado nos centros. 

Concentración en Pereiro de Aguiar da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse en  Pereiro de Aguiar coincidindo coa inauguración oficial do curso en Pereiro de Aguiar o 16 de setembro.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo coa inauguración do curso

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou este luns 8 de setembro en rolda de prensa que iniciará as mobilizacións cunha concentración o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo co a inauguración oficial do curso no colexio Ben-Cho-Shey. A PGDEP repasou nesta rolda de prensa as carencias do sistema educativo, moitas delas endémicas e que non son atendidas pola Consellaría de Educación. O abandono, o desmantelamento e o decrecemento da calidade no ensino público contrasta -denuncia a Plataforma- coa potenciación que se fai do ensino privado concertado, incluso subvencionando centros que segregan alumnado por sexo.