A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou as diferentes accións que integrarán a campaña contra as reválidas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continúa na loita contra a LOMCE e vén de pór en marcha a campaña contra as reválidas para que as familias non envíen os seus fillos ou fillas a facer as probas xerais de primaria. Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este luns 25 de abril en rolda de prensa, en Santiago, as diferentes accións que teñen como co obxectivo facer inviábeis as probas.


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mobilízase baixo o lema “Nin LOMCE, nin reválidas”

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentráronse esta mañá diante da consellaría de Educación para demandar a paralización e derrogación da LOMCE e das reválidas. Unhas probas que xa se celebraron o curso pasado en terceiro de Primaria –cunha insubmisión de máis do 50% das familias-, que este ano pretenden estenderse a sexto e que “nin benefician o alumnado, nin favorecen o proceso de aprendizaxe”.

A Plataforma pide o amparo da Valedora do Pobo para que inste á Consellaría de Educación a paralizar a LOMCE e non realizar as reválidas

Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaron este xoves 7 de abril unha queixa  dirixida á Valedora do Pobo a fin de pedir o seu amparo e de que inste a Consellaría de Educación  para que paralice urxentemente a aplicación da LOMCE, nomeadamente a realización das reválidas ás que pretende someter o alumnado de 3º e de 6º de Primaria.

A Plataforma demanda dos grupos parlamentarios do Congreso a paralización e derrogación da LOMCE

Unha representación das 12 organizacións que conforman a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexistrouo mércores 30 de marzo  no Parlamento de Galiza escritos dirixidos a todos os grupos do Congreso en demanda de que se adopten todas as medidas necesarias para a inmediata paralización e posterior derrogación da LOMCE, por ser “extremadamente lesiva para o ensino público”.


A Plataforma require da Consellaría de Educación o cumprimento das ratios de alumnado

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixiu este martes 2 de decembro en rolda de prensa solucións para as diferentes problemáticas que inciden negativamente na boa marcha do curso escolar e que están a supor un deterioro do ensino público. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino advertiu que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2016 non van resolver as carencias que existen, insistiu na necesidade dun novo modelo de xestión do comedores escolares e demandoulles ás diferentes organizacións políticas que se presentan ás eleccións xerais o compromiso de derrogar a LOMCE. A PGDEP tamén anunciou a súa participación na cadea humana que se vai realizar en Malpica o 12 de decembro ás 12:00 horas para defender unha nova regulación da atención educativa domiciliaria que fixe dereitos e obrigas para a administración.
Para a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público corrobórase  a necesidade doutro modelo de comedores escolares xestionados directamente pola Consellaría de Educación. Anxo Louzao en representación da Plataforma, referiuse tamén á problemática derivada da  improvisación que caracteriza a aplicación da LOMCE e fixo un chamamento a todas as organizacións políticas que concorran ás eleccións para que sitúen como elemento fundamental entre as súas propostas a eliminación desta lei.