A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público responsabiliza a Consellaría da conflitividade no inicio do curso escolar

Falta de profesorado, masificación nas aulas, falta de medios e caos educativo derivado pola aplicación da LOMCE en Galiza -que provocou que as materias e horarios non foran coñecidos até o comezo de curso- son algunhas das razóns que levaron a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público a concentrarse esta mañá diante da Consellaría de Educación. Unha concentración á que se sumaron nais, pais e alumnado de centros como o CPI de O Pino ou do CEIP de Vite, na que se alertou do avance da privatización do ensino público e a cada vez maior desgaleguización e confesionalidade do sistema educativo galego.


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público manifestarase o 16 contra os recortes no ensino

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este mércores, 9 de setembro, en rolda de prensa a conflitividade que provocan neste inicio de curso os recortes impostos pola Consellaría de Educación e a súa obstinación por aplicar a LOMCE e por non dotar aos centros do profesorado suficiente. Diante desta situación convoca unha concentración o 16 de setembro ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación. 



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público inicia unha campaña para que as familias rexeiten as reválidas e as probas de 3º de primaria

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rexeitou este martes en rolda de prensa a proba de avaliación individualizada en 3º de primaria que se realizará o 27 e 28 de maio e que é o preámbulo das reválidas. A Plataforma vai desenvolver unha campaña para animar as familias a que desdeñen estas probas non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. A Plataforma tamén convoca unha concentración para o 27 de amio ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación.

MODELO DE ESCRITO PARA AS FAMILIAS (PROBA 3º PRIMARIA)

Animamos ás familias a que rexeiten as probas de 3º de primaria non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba.  No interior da nova tes acceso ao modelo de escrito.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que os orzamentos da Consellaría de Educación para o ano 2015 persisten no desmantelamento do ensino público e na desigualdade de oportunidades



A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou este martes 13 de xaneiro en rolda de prensa que os orzamentos da Consellaría de Educación para o 2015 no canto de mitigar as desigualdades sociais, acrecéntaas, porque non recollen os investimentos necesarios para garantir a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

Concentración o 8 de outubro diante da Consellaría de Educación




A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar unha concentración para o próximo 8 de outubro en Santiago ás 11:horas, diante da Consellaría de Educación, contra os recortes e para pedir unha maior dotación de profesorado nos centros.